Manual para pais
Acordo de cesión:
Acordo_2
Acordo 3
Etiquetado
Conexiones e equipamentos
Clonación co servidor do centro
PASOS:
Conectar cable amarelo
Encender o ordenador
Acto seguido pulsar F9 ou F12 repetidamente
Aparecerá
- LAM
- ETHERNET
- IPV
- CLONACIÓN COMPLETA
ESCOLAS DE NAIS E PAIS
Ordenador portátil Acer TravelMate P259 G2
Condicións de uso
As condicións de uso deste ordenador son similares ás que asumen as familias cando reciben o ordenador dos seus fillos/as.
Documento de cesión de uso do ordenador do profesorado no proxecto de Educación Dixital ABALAR - E-Dixgal D./Dna _________________________________________, con DNI ______________ profesor/a do centro ____________________________________________________ TENDO EN CONTA QUE: O centro participa na iniciativa E-Dixgal do Proxecto ABALAR para o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación, no que se pon a disposición do profesorado participante ordenadores para o desenvolvemento da súa actividade no proxecto. A Xunta de Galicia cede o uso deste ordenador ao/a profesor/a cunha finalidade educativa para o desenvolvemento da súa actividade no proxecto coas condicións e normas recollidas neste documento. Non se poderá utilizar o citado equipo para ningún outro uso persoal ou profesional distinto do relacionado co desenvolvemento das actividades educativas propias da función de docente. Ademais non poderá cederse a terceiras persoas. Non se poderá realizar manipulacións ou substitucións do hardware ou do sistema operativo do ordenador nin instalar nel ningún software do que non se conte con licenza de uso. Deberá informarse á Xunta de Galicia de calquera dano observado no equipo no menor prazo posible. O ordenador deberá devolverse no caso de que o centro finalice a súa participación no proxecto, ou o docente abandone o centro, ou finalice a participación en materias integradas no proxecto E- Dixgal. Dado que se trata dunha ferramenta proporcionada pola Administración, os técnicos da Xunta de Galicia poderán requirir o ordenador para desenvolver actividades de administración ou mantemento.
ACEPTO AS CONDICIÓNS DE PRÉSTAMO DO ORDENADOR QUE RECIBO: Marca_________________________, modelo _______________________________________ con número de serie ___________________________, e responsabilízome do correcto coidado e uso do ordenador, respondendo da perda deste ou do seu mal uso. Isto non inclúe as avarías que poidan producirse na utilización diaria do equipo que estean contempladas na súa garantía. En _______________________________a ____ de_________________ de 20___ Asdo.:
|